As probas de acceso libre para a obtención da certificación ComDix Intermedio reuniron os días 28, 29 e 30 de abril un total de 993 persoas inscritas nas diferentes Aulas CeMIT da Rede CeMIT distribuídas por toda Galicia. Os resultados provisionais amosan unha alta taxa de éxito, con máis de 600 persoas declaradas aptas.