Data
2º de Bacharelato: máis de cinco mil estudantes aptos
Na convocatoria do mes de marzo, 217 centros educativos presentaron o seu alumnado ás probas ComDix.
En total, 6.046 estudantes participaron no proceso de certificación, dos cales 5.469 foron declarados aptos.
Estes resultados amosan o avance do alumnado de Bacharelato no desenvolvemento das competencias dixitais, un elemento clave dentro da súa formación académica.
Formación Profesional: resultados consolidados na certificación dixital
No ámbito da Formación Profesional no mes de abril, 70 centros participaron na convocatoria.
Un total de 466 alumnas e alumnos presentáronse as probas de certificación, dos cales 339 obtiveron a cualificación de apto.
A certificación ComDix continúa reforzando a integración das competencias dixitais nos ciclos formativos, fundamentais para a preparación do alumnado ante os retos do contorno profesional.
Un paso máis na acreditación de competencias dixitais
A publicación destes resultados supón o peche dunha nova convocatoria da certificación ComDix, que continúa a consolidarse como unha ferramenta clave para recoñecer e impulsar a competencia dixital entre o alumnado de 2º de Bacharelato e Formación Profesional.
O éxito desta edición reforza a importancia de seguir avanzando na integración das tecnoloxías dixitais no ensino e na formación ao longo da vida.