Validacións e equivalencias

convalidaciones-y-equivalencias

Validacións doutro título ou certificación

A vía de obtención do certificado ComDix por validación permite acreditar un nivel de competencias dixitais a partir da posesión de formacións, certificacións ou titulacións previas que acrediten de forma parcial os coñecementos e habilidades propios dun nivel de certificación ComDix.

  • Estas validacións non son automáticas e están suxeitas aos criterios e procedementos establecidos na normativa vixente en cada momento.
  • No caso de que a formación previa non aborde a totalidade das competencias esixidas, será necesario completar o proceso de certificación mediante unha proba específica ou unha formación complementaria, co fin de garantir a acreditación completa do nivel correspondente.
convalidacionesComDix1

Validación "De CODIX a ComDix iniciación"

Cidadanía

  • A través: Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT).
  • Contido formativo troncal: 60h (1 Curso).
  • Requisitos de acceso: Dispoñer do certificado CODIX  (equivalente a 190 h).
  • Modalidade: Autoformación con titorización reactiva.
  • Avaliación: proba final síncrona e en liña ao finalizar o curso.

proximamente

Convocatorias CeMIT

Icona
ciudadania-svg_v2

Persoal da Administración Pública

  • A través: Escola Galega da Administración Pública (EGAP).
  • Contido formativo troncal: 60h (1 Curso).
  • Requisitos de acceso: Dispoñer do certificado CODIX  (equivalente a 190 h).
  • Modalidade: Titorizada con aproveitamento activo.
  • Avaliación: proba final síncrona e en liña ao finalizar o curso.

Mais Información

Icona
empleado-publico

Sistema Educativo Galego

A validación require dispoñer de algunha das seguintes titulacións e, ademais, superar unha proba específica da área 4 “Seguridade e privacidade”, para completar todas as competencias contempladas no Marco Galego de competencias dixitais.

Validación do ComDix Intermedio

  • Alumnado titulado en 2º de Bacharelato.
  • Alumnado titulado en 2º de Bacharelato para persoas adultas.
  • Alumnado titulado en ciclos formativos de grao medio.

*Dispoñible para determinados estudos referenciados no Documento de Bases, tras a análise comparativa dos currículos educativos coas áreas establecidas no marco ComDix.

Icona
sistema_educativo_galego

As vías de validación por outras formacións e titulacións iranse ampliando de maneira progresiva, a medida que se vaia actualizando o Documento de Bases que desenvolve o Marco Galego, co obxectivo de incorporar os cambios nas tecnoloxías, nos coñecementos, nas competencias e nas aptitudes.

Equivalencia

A vía de certificación por equivalencia consiste na acreditación de que a persoa ten os coñecementos e habilidades propios do nivel de certificación ao que se presenta, mediante a xustificación de ter superado algunhas certificacións ou titulacións que cubran as áreas de dominio e competencias consideradas no ComDix.

Polo momento, a vía de certificación por equivalencia só está dispoñible para o alumnado do Sistema Educativo Galego.

equivalecia_alumnado

Sistema Educativo Galego

A equivalencia establécese de maneira directa segundo o nivel educativo do alumnado e a súa titulación comportará a obtención de oficio do certificado ComDix no nivel correspondente.

Equivalencia do ComDix Iniciación

Alumnado que obteña o título nos seguintes estudos:

  • Alumnado de 4º da ESO.
  • Alumnado de 4º da ESO para persoas adultas.
  • Alumnado de ciclos formativos de grao básico. 

Equivalencia do ComDix Intermedio

Alumnado que obteña o título nos seguintes estudos:

  • Ciclos formativos de grao medio e de grao superior.
  • Cursos de especialización de grao superior.
  • Ciclos formativos de artes plásticas e deseño de réxime expecial.

* A vía de equivalencia só está dispoñible para determinados estudos referenciados no Documento de Bases, tras a análise comparativa dos currículos educativos coas áreas establecidas no marco ComDix.

Icona
sistema_educativo_galego