Entidades colaboradoras
As entidades colaboradoras interveñen no proceso de obtención da certificación galega en competencias dixitais mediante a disposición de instalacións e recursos para a celebración de probas avaliadoras ou a realización de actividades informativas, divulgativas, de asesoramento ou formativas para a obtención da certificación galega en competencias dixitais.
No momento actual, as entidades colaboradoras do Marco Galego de competencias dixitais son:
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), como organismo coa finalidade principal de formar e especializar ao persoal ao servizo da Administración pública de Galicia, colabora na execución de plans de capacitación dixital que garantan a posibilidade de obtención da certificación galega en competencias dixitais para o persoal do sector público.
A Rede de centros para a modernización e a inclusión tecnolóxica (CeMIT) de Galicia promove, dentro das súas actividades, programas formativos orientados á capacitación da cidadanía para a obtención da certificación galega en competencias dixitais. É unha das entidades autorizadas como colaboradoras para realizar a formación deseñada nos plans de formación, así como para a realización das probas de certificación ComDix.
A Asociación de Centros de Innovación Social (ACIS), como entidade pública galega que entre as súas funcións busca a formación dos profesionais sanitarios, colabora na difusión e capacitación destes profesionais no ámbito das competencias dixitais, promovendo accións formativas para a súa capacitación e acreditación na certificación galega.