A certificación ComDix
É a certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración galega, que certifica o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal, como social e profesional.
Como obter a certificación en competencias dixitais (ComDix)?
Proba de certificación
Supera unha proba específica que permite demostrar que se teñen os coñecementos, habilidades e aptitudes propias das competencias dixitais que avalía o ComDix.
Claves:
- Vía máis directa para acreditar o teu nivel de competencias dixitais
- Aberta á cidadanía e ao persoal empregado público
- Convocatorias periódicas
Cursos ComDix con aproveitamento activo e avaliación continua
Consiste en seguir un itinerario formativo completo, con varios cursos titorizados ata alcanzar os coñecementos necesarios para acadar un dos niveis de certificación ComDix.
Claves:
-
Seguimento por unha persoa titora
- Actividades prácticas e evaluación continua
- Posibilidad de certificación al finalizar todos los cursos.
Validación /Equivalencia
Permite acreditar que xa se posúen os coñecementos e habilidades dun nivel de ComDix xustificando a superación doutras certificacións ou formacións que cubran as mesmas competencias.
Claves:
- Pode requirir un curso ponte de CODIX a ComDix.
- Aplicable a estudos e titulacións do alumnado do sistema educativo.
- Validación ou equivalencias por títulos previos con homologación recoñecida.
Nalgúns casos poderá ser necesario facer un curso ponte para completar competencias non incluídas no título xa obtido.
Elixe o teu perfil
Se son cidadán
Podes obter a certificación a través de:
- Proba de certificación convocada pola Rede CeMIT
- Formación titorizada con aproveitamento activo dispoñible na Rede CeMIT
Se son Empregado/a Público/a
Podes obter a certificación ComDix a través de:
- Convocatorias de probas de certificación convocadas pola EGAP
- Formación a través da EGAP