En que consiste esta formación?
Os cursos ComDix con aproveitamento activo son un itinerario formativo en liña deseñado para adquirir as competencias dixitais co acompañamento dunha persa titora durante todo o proceso.
Baséase en:
- Aprendizaxe práctica
- Seguimento continuo
- Avaliación continua baseada en actividades obrigatorias, cuestionarios e avaliación final
O itinerario está composto por varios cursos que poden realizarse como curso completo ou de forma independente.
Elixe o teu perfil
Se son cidadán
Podes acceder a toda a información sobre os cursos ComDix titorizados con aproveitamento activo a través da Rede CeMIT e descubrir as convocatorias dispoñibles para comezar a túa formación.
Se son Empregado/a Público/a
Consulta a información específica dos cursos ComDix titorizados con aproveitamento activo e niveis dispoñibles na EGAP. Accede ás convocatorias dirixidas ao persoal da Administración pública.