Proba de certificación

prueba-de-certificacion_gal

Que é a proba de certificación?

A proba de certificación é unha das vías oficiais para obter o ComDix.

Consiste na superación dunha proba que acredita que dispós dos coñecementos, habilidades e aptitudes dixitais correspondentes a un nivel determinado.

Permite obter a certificación sen necesidade de realizar formación previa, aínda que podes prepararte con contidos formativos voluntarios.

ProbaCertificación1

Como é a proba?

A proba realízase de forma presencial na aula e en contorno dixital.

 
CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS
  • Cuestionario de entre 63 preguntas.
  • Duración máxima: 90 minutos.
  • Diferentes tipos de preguntas: resposta única ou múltiple, arrastrar e soltar, relacionar elementos, etc.
  • As respostas incorrectas non penalizan.
  • Podes elixir o idioma: galego ou castelán.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
  • Superar polo menos o 70% do total de preguntas.
  • Superar un 60% en cada área de competencia (niveis iniciación e intermedio).

 

QUE SE AVALÍA?

A proba avalía as competencias do Marco Galego de Competencias Dixitais, aliñado co modelo europeo DigComp.

Estrutúrase en 5 áreas clave:

  • Información e datos
  • Comunicación e colaboración
  • Creación de contido dixital
  • Seguridade
  • Resolución de problemas

En total, avalíanse 21 competencias dixitais distribuídas nestas áreas.

pruebaCertificacion_2_ver

Queres ver como é a proba antes de presentarte?

Accede á demo e familiarízate co contorno e cos tipos de preguntas que atoparás ese día.

A demo non ten efectos avaliativos nin garda resultados: é un espazo de práctica para que poidas prepararte con seguridade.

Acceso á demo da proba

Como inscribirme se son...

...cidadán/á?

Se es cidadán/á, podes acceder á inscrición para a proba a través da Rede CeMIT.

Proceso habitual:

  • Consulta as convocatorias dispoñibles.
  • Realiza a solicitude de inscrición dentro do prazo.
  • Asignación de prazas (pode incluír sorteo en caso de alta demanda).
  • Formalización da túa participación na proba.
  • Publicación da listaxe final de persoas inscritas a través da Rede CeMIT.

Lembra: As probas realízanse de forma presencial en aulas CeMIT e están dirixidas a persoas maiores de 16 anos.

Ver Convocatorias

Icona
ciudadania-svg_v2

...empregado/a público/a?

Se formas parte da administración pública, o acceso á inscrición á proba realízase a través da EGAP (Escola Galega de Administración Pública).

Como funciona:

  • A EGAP publica as súas propias convocatorias.
  • A inscrición realízase dentro dos procesos formativos do persoal público.
  • As probas están adaptadas ao contexto da administración.

Consulta as próximas convocatorias na páxina da EGAP.

Ver Convocatorias

Icona
empleado-publico