Validación CODIX

Bnner

 

En que consiste?

O persoal da Administración Pública que dispoña da anterior Certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX) xa acreditan dispor de varias das competencias dixitais identificadas por ComDix no seu nivel iniciación.

O novo Marco Galego inclúe o desenvolvemento de 21 competencias dixitais polo que a equivalencia entre a certificación CODIX e ComDix non é completa sendo necesario completar e acreditar o coñecemento destas competencias.

convalidacionEGAP

 

Como funciona?

 

ITINERARIO FORMATIVO

O persoal da Administración galega con CODIX que decida optar a conseguir o certificado ComDix Iniciación mediante este itinerario deberá completar unha acción formativa:

  • Titorizada, que requirirá realizar unha serie de actividades complementarias para cada un dos contidos lectivos.
  • De duración aproximada de 60h.
 
AVALIACIÓN

Para superar o curso será obrigatorio:

  • Completar as tarefas e cuestionarios (en formato autocorrección)
  • Superar a proba final síncrona e en liña, en forma de cuestionario e a realizar entre 3 e 7 días despois da finalización do último módulo.

 

CERTIFICACIÓN

A superación da acción formativa, xunto coa verificación de dispoñer do certificado CODIX, implicará a obtención do ComDix Iniciación.*

* Pendente de que se aprobe e publique a normativa correspondente.

 

Imaxe dun ordenador sobre un escritorio

A quen vai dirixido?

Persoal da Administración xeral galega, das entidades públicas instrumentais e Administración institucional; de entidades locais; Administración de xustiza e persoal técnico, de Xestión, administración e servizos de universidades do Sistema universitario.

imaxe de varias mans con móviles

Qué obteño?

A certficiación galega en competencias dixitais - ComDix, no seu nivel iniciación.

Imaxe dunga man con unha icona dixital

Da o seguinte paso na túa formación

Consulta as convocatorias abertas e inscríbete na próxima edición dispoñible desde a plataforma oficial.

 

Acceso á formación na EGAP