Data
A cidadanía pode inscribirse nas probas de libre acceso para a obtención da certificación ComDix no seu nivel iniciación entre o luns 4 de maio e o mércores 13 de maio ás 23:59 horas.
As probas terán lugar os días 17, 18 e 19 de xuño de 2026, en horarios de 10:00, 12:00 e 16:30 horas, en aulas da Rede CeMIT situadas en diferentes localidades da xeografía galega.
No momento de formalizar a inscrición, as persoas interesadas poderán escoller, a través da páxina web da Rede CeMIT, a localidade, o día e o horario dispoñibles que mellor se adapten ás súas necesidades.
Esta convocatoria realízase ao abeiro da Resolución do 7 de xaneiro de 2026, publicada no DOG núm. 10, do venres 16 de xaneiro de 2026, pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix, nos niveis iniciación e intermedio.
Estas probas ofrecen á cidadanía a posibilidade de acreditar oficialmente as súas competencias dixitais básicas, favorecendo o recoñecemento formal dos coñecementos e habilidades adquiridos no ámbito dixital.