Rematan as probas de certificación ComDix de nivel iniciación da convocatoria de xuño

Data

Durante os días 17, 18 e 19 de xuño celebráronse de forma presencial as probas de certificación ComDix de nivel iniciación nas aulas da Rede CeMIT distribuídas por toda Galicia.

Participaron máis de 360 persoas, das cales o 84 % obtivo a cualificación de apto/a. Uns resultados que reflicten o crecente interese da cidadanía por acreditar as súas competencias dixitais e continuar avanzando na súa capacitación.

A certificación galega en competencias dixitais, promovida pola Xunta de Galicia, contribúe ao desenvolvemento persoal, social e profesional das persoas e reforza o compromiso de Galicia coa capacitación da cidadanía e coa mellora das habilidades necesarias para desenvolverse nunha sociedade cada vez máis dixital.

Unha vez rematado o proceso de revisión das preguntas, procedeuse á publicación na web da Rede CeMIT a información relativa ao anuncio de revisión das preguntas e á listaxe definitiva das persoas que obtiveron a cualificación de aptas nas probas de certificación ComDix.

Proximamente publicaranse novas convocatorias dirixidas á cidadanía para seguir ampliando as oportunidades de obter a certificación ComDix. 

Categoría

Noticia de actualidade xenérica do programa de certificación