Data
Froito do convenio subscrito entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convócanse no DOG as actividades formativas en competencias dixitais deste ano 2026 para o persoal empregado público, no contexto do Marco galego de competencias dixitais-ComDix.
Poderá participar nas actividades formativas o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II da convocatoria do DOG.
O prazo de presentación de solicitudes é do 25 de febreiro ao 4 de marzo de 2026.
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a 3 máis o curso ComDix iniciación 0: empezamos!
Os cursos que abren prazo de solicitude son:
- De Codix a ComDix iniciación
- ComDix iniciación 0: empezamos! Que nivel de competencias dixitais teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais
- ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital
- ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man: buscar, seleccionar e gardar
- ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar
- ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital: as vantaxes da Administración electrónica
- ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia
- ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital: tecnoloxía con sentidiño
- ComDix intermedio I: afondando na contorna dixital. Autonomía na solución de problemas
- ComDix intermedio II: aplicando estratexias de busca, verificación e organización da información dixital
- ComDix intermedio III: comunicación e colaboración efectiva en contornas dixitais. Traballo en equipo e teletraballo
- ComDix intermedio IV: cidadanía dixital: afondando na Administración electrónica
- ComDix intermedio V: crea, actualiza e mellora contidos dixitais con creatividade e innovación
- ComDix intermedio VI: promovendo a seguridade, o benestar e a inclusión dixital
A superación de todos os cursos que integran un itinerario formativo completo, xa sexa de nivel iniciación ou intermedio, permitirá acadar a certificación ComDix correspondente. Para completar un itinerario na súa totalidade, as accións formativas poderán realizarse en calquera das entidades colaboradoras do Marco galego de competencias dixitais, sendo posible combinar cursos impartidos por distintas entidades co fin de reunir todos os requiridos e obter así a certificación oficial.