Máis información?

preguntas-frecuentes

Máis información?

Actualmente están dispoñibles a certificación ComDix iniciación e a certificación ComDix intermedio. Ambas inclúen as 21 competencias das 5 áreas, só varía o nivel de habilidade. Posteriormente desenvolveranse as certificacións dos niveis avanzado e especializado.

É a acreditación galega oficial que valida o nivel de competencia dunha persoa no uso das tecnoloxías dixitais, tanto no ámbito persoal, social como profesional. 

Está baseada no Marco Galego de competencias dixitais, que se alinea co Marco Europeo DigComp 3.0, e establece un modelo progresivo de aprendizaxe e acreditación.

A certificación terá unha validez de 5 anos. As persoas acreditadas poderán renovar a súa certificación dende seis meses antes e ata os seis meses naturais posteriores á data de caducidade.

A participación nas probas de acceso libre está exenta de taxas, así como a participación en calquera dos cursos ofrecidos pola Xunta de Galicia que son de carácter gratuíto.

A certificación galega en competencias dixitais ComDix está dirixida a toda a cidadanía maior de 16 anos, sen importar a súa situación laboral ou formativa. 

É un documento dixital, en galego e castelán, asinado electronicamente, e cun código único que verificará a súa autenticidade. Incluirá información sobre a persoa titular da certificación, o seu nivel de aptitude nas diferentes áreas e competencias, a data e forma de obtención da mesma.

Estará accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na carpeta do cidadán, mediante o acceso con certificado electrónico, DNIe, Chave365 ou usuario e contrasinal. 

Pasos a seguir:

  • Identifícate na carpeta do cidadán (certificado electrónico, DNIe, Chave 365, usuario e contrasinal). 
  • Busca o certificado ComDix e descárgao en formato PDF. Este documento estará asinado electronicamente e incluirá os teus datos identificativos, o nivel de aptitude alcanzado, as áreas e competencias acreditadas e a data da certificación. 

Para estar informada ou informado podes acceder a estes sitios web competenciasdixitais.xunta.gal e Inicio | CeMIT onde terás a información ampliada e actualizada sobre a nova acreditación e o proceso de homologación coa certificación CODIX, así como toda a información sobre a certificación e os plans de formación dispoñibles. Estas webs actualizaranse de maneira continuada para incluír toda a información que poida ser de interese para a cidadanía.

Para estar informada ou informado podes acceder a estes sitios web competenciasdixitais.xunta.gal e Portada :: EGAP onde terás a información ampliada e actualizada sobre a nova acreditación e o proceso de homologación coa certificación CODIX, así como toda a información sobre a certificación e os plans de formación dispoñibles. Estas webs actualizaranse de maneira continuada para incluír toda a información que poida ser de interese para o persoal da Administración Pública.

A certificación galega en competencias dixitais pode conseguirse a través de tres vías de obtención principais, segundo o establecido no Marco Galego de competencias dixitais: 

Superando unha proba de certificación de acceso libre:

As probas son convocadas pola EGAP e están dirixidas ao persoal da Administración Pública, mediante a publicación da convocatoria no DOG.

Superando un itinerario formativo completo con avaliación continua e aproveitamento activo:

Consiste en seguir un itinerario formativo completo, con varios cursos titorizados ata obter os coñecementos necesarios para acadar un dos niveis de certificación ComDix.

Superando o curso ponte de CODIX a ComDix Iniciación:

A superación da acción formativa, xunto coa verificación de dispoñer do certificado CODIX, implicará a obtención do ComDix Iniciación.

* Pendente de que se aprobe e publique a normativa correspondente.

 

A certificación galega en competencias dixitais pode conseguirse a través de tres vías principais, segundo o establecido no Marco Galego de competencias dixitais: 

Superando unha proba de certificación (proba libre oficial) 

É a vía máis directa e aberta a toda a cidadanía maior de 16 anos. As probas son convocadas pola Amtega e publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG). Teñen lugar en diferentes localidades con aula CeMIT dispoñible. Para inscribirse é necesario ser usuaria ou usuario da Rede CeMIT, preinscribirse na localidade e horario desexado e consultar as prazas dispoñibles e posteriormente seguir o proceso de selección por sorteo. 

Completando formación titorizada con aproveitamento activo e avaliación continua. 

En colaboración con entidades formadoras ou a través da Rede CeMIT, poden organizarse cursos titorizados que inclúan: contidos adaptados ao nivel ComDix, avaliación continua e final e expedición do certificado ao superar a formación segundo os criterios establecidos ao seu efecto.

Validación de outra titulación ou certificación equivalente. 

Si xa tes formación ou certificacións recoñecidas en competencias dixitais podes solicitar a convalidación. 

A certificación ComDix é útil para demostrar as túas habilidades dixitais a institucións empregadoras, institucións educativas e outros organismos. Pode ser un requisito para certos traballos e é unha forma de validar a túa capacidade para empregar tecnoloxías dixitais de maneira efectiva. 

Este marco e a certificación asociada son ferramentas valiosas para mellorar as túas oportunidades laborais e a túa capacidade para interactuar nun mundo dixital.

Ao finalizar a proba e resultar apta ou apto, dispoñerás dun xustificante acreditativo ata a data da emisión do certificado ComDix.

Este xustificante ten validez e certifica o seu dominio en competencias dixitais.

A demo da plataforma ten un único obxectivo: Permitir que as persoas usuarias se familiaricen coa interface, co tipo de preguntas e coa dinámica xeral da proba de certificación en competencias dixitais. Non avalía, non garda resultados e non corrixe as respostas que se fallen. A súa función é exclusivamente coñecer o funcionamento da plataforma e reducir incertezas antes de realizar a proba oficial.

O propio modelo de certificado non alude a horas concretas, senón que se refire en detalle a cada unha das 21 competencias dixitais acreditadas.

Si obtén o certificado como consecuencia de completar un itinerario de cursos titorizados, si disporá dos correspondentes diplomas de aproveitamento que si cuantifican as horas de formación validadas.

As persoas que resultan aptas na proba reciben un correo electrónico informativo no enderezo facilitado durante o proceso. As persoas non aptas non reciben ningún correo, xa que os resultados só se comunican en caso de superar a certificación.

Se pasou un tempo razoable e non recibiches o correo de apto, é posible que houbese un erro no enderezo electrónico ou un problema na entrega. Nese caso, debes escribir a competencias-dixitais [at] xunta.gal (competencias-dixitais[at]xunta[dot]gal) enviando:

  • Os teus datos persoais
  • A data e hora da proba

Con esta información poderemos revisar a túa proba e enviar a resposta correspondente.