Máis información?
Non haberá máis convocatorias de formación e probas para a acreditación CODIX. A última convocatoria realizouse en novembro de 2021.
O certificado galego de competencias dixitais en ofimática (CODIX) segue sendo válido ata que se aproben os criterios de homologación entre a certificación CODIX e a nova acreditación ComDix -tal como sinala o Decreto 123/2021 na súa disposición transitoria única-.
Devanditos criterios serán aprobados e publicados mediante unha orde que regulará todos os aspectos sobre a convalidación, a homologación e o recoñecemento entre a anterior certificación CODIX e a nova certificación ComDix, así como o procedemento para a súa obtención. Ata ese momento, o CODIX segue tendo validez.
Nun contexto social e laboral cada vez máis dixitalizado, contar cun certificado actualizado en competencias dixitais é fundamental para participar activamente na sociedade e adaptarse aos cambios tecnolóxicos constantes.
Este certificado permite acreditar que a persoa posúe os coñecementos e habilidades necesarias para utilizar as tecnoloxías de forma eficaz, segura e responsable, tanto no ámbito persoal (comunicación, xestión de trámites, busca de información, lecer) como no profesional (formación continua, busca de emprego, desenvolvemento laboral).
O certificado ComDix, promovido pola Xunta de Galicia e baseado no Marco Europeo DigComp 2.2, e ten unha validez de cinco anos. A súa renovación periódica garante que os contidos e competencias recoñecidas están actualizados e responden ás necesidades reais do entorno dixital, que evoluciona de forma constante.
En definitiva, non se trata só de obter un título, senón de demostrar que se está preparada e preparado para afrontar os retos e oportunidades que ofrece o mundo dixital actual.
Si, as persoas que dispoñen da antiga certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX) poderán validala polo nivel ComDix iniciación, sempre que se cumpran os requisitos establecidos na normativa oficial.
Para iso, será necesario realizar un curso ponte orientado a coñecer:
O novo Marco Galego de competencias dixitais.
Abordar as competencias complementarias que non estaban incluídas na certificación CODIX.
Completar os coñecementos, habilidades e aptitudes esixidos polo nivel ComDix iniciación.
Este curso terá unha duración aproximada de 60 horas, poderán realizarse en diferentes modalidades para cidadanía en xeral a través da Rede CeMIT ou para persoal empregado público a través da EGAP, e incluirá unha proba final en liña.
A validación será posible unha vez que se publique a orde oficial que regula o procedemento, na que se especificarán os criterios, prazos e requisitos técnicos.
Para estar ao día das convocatorias e novidades sobre este proceso, recoméndase consultar regularmente as seguintes páxinas: