Máis información?
É necesario seguir un proceso de preinscrición e selección por sorteo, que garante a igualdade de oportunidades entre todas as persoas interesadas.
1.Alta como usuaria ou usuario da Rede CeMIT
Antes de inscribirte, debes estar dada ou dado de alta como usuaria ou usuario da Rede CeMIT:
Accede a aulascemit.xunta.es/usuarios. Despois cubre os teus datos persoais e facilita unha conta de correo electrónico válida o cal será a canle principal de comunicación durante todo o proceso.
2.Preinscrición na convocatoria
Unha vez publicado o calendario oficial no DOG e na web da Rede CeMIT:
Entra en cemit.xunta.gal, escolle a localidade, día e hora que mellor se adapte a ti e fai click en “reservar” introducindo posteriormente as túas credenciais de usuaria ou usuario. Só se permite unha solicitude por persoa. Se te inscribes en máis dunha localidade ou horario, serás excluída ou excluído automaticamente.”
Para decidir se optas por un nivel ou outro, debes ter en conta tanto os teus coñecementos previos como as túas necesidades no ámbito dixital.
Se o teu nivel de coñecemento é básico e/ou utilizas tecnoloxías dixitais para realizar tarefas rutineiras, que podes lembrar, pero necesitarías orientación para outras máis específicas, debes escoller ComDix iniciación.
Se o teu nivel de coñecemento che permite explicar a outras persoas como realizar tarefas sinxelas e deseñar estratexias de uso adaptadas e/ou utilizas habitualmente tecnoloxías dixitais -no teu ámbito persoal e profesional-, debes escoller ComDix intermedio.
A chave está na frecuencia de uso, a autonomía e a capacidade para adaptar as ferramentas a distintas situacións.
Recomendación: Se tes dúbidas sobre que nivel escoller, podes consultar os contidos de autoformación dispoñibles na web da Rede CeMIT ou realizar a demo da proba para avaliar o teu nivel de aptitude.
É necesario realizar a solicitude de inscrición dentro do prazo establecido e a través do formulario telemático habilitado pola EGAP. O proceso garante que todas as persoas participantes presenten a súa solicitude nas mesmas condicións.
- Para participar na convocatoria, debes presentar a túa solicitude desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG). A inscrición só pode realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible en https://egap.xunta.gal/matricula.
- Só se permite presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante. É importante cubrir correctamente todos os datos do formulario, xa que serán excluídas automaticamente as solicitudes que non se axusten ao modelo oficial, que conteñan datos incompletos ou incorrectos, ou que se cumplimenten fóra de prazo.
- Unha vez rematado o proceso de inscrición, a EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal a relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada proba de certificación, indicando en cada caso a localidade, o día e o horario de realización.
A solicitude de revisión dunha pregunta só pode realizarse nun único momento e por unha única vía oficial: xusto ao finalizar a proba, Despois de aparecer en pantalla o resultado obtido, pódense facer as observacións oportunas indicando as preguntas para a súa revisión.
Unha vez pulsado o botón “Finalizar”, xa non é posible engadir nin modificar solicitudes de revisión.
A renuncia dunha inscrición nunha proba de certificación ComDix debe realizarse de acordo co establecido na resolución da correspondente convocatoria de probas de libre acceso.
Tal e como recolle a normativa vixente, para formalizar a renuncia é necesario presentar unha xustificación válida, axustada aos supostos previstos na resolución.
As persoas inscritas que precisen cancelar a súa participación deberán ter en conta os prazos sinalados e enviar unha comunicación ao enderezo habilitado para a xestión do proceso, indicando:
- Os seus datos persoais
- A proba na que estaban inscritas
- A motivación da cancelación conforme aos criterios recollidos na resolución da convocatoria
Unha vez recibida a solicitude, o equipo responsable revisará a documentación achegada e comunicará a resolución correspondente.