Máis información?
Activarase unha ferramenta de autodiagnose que che permitirá coñecer cal é o teu nivel. Esta proba estará dispoñible nesta web de competencias dixitais e, en función dos resultados obtidos, recomendarache itinerarios formativos que permitirán desenvolver as túas habilidades dixitais.
Na oferta formativa da EGAP para o persoal da Administración Pública existen dúas modalidades principais:
Autoformación: permite preparar os contidos de maneira autónoma, ao teu propio ritmo e sen acompañamento docente. Os materiais están dispoñibles na plataforma de teleformación da EGAP, onde se poden consultar os recursos de referencia para preparar a proba de libre acceso á certificación ComDix.
Todo o material é gratuíto e está pensado para que cada persoa poida organizar a súa preparación sen necesidade de asistir a formación presencial.
Cursos con aproveitamento activo e avaliación continua: ofrecen unha aprendizaxe guiada, con planificación, seguimento e apoio docente ao longo do proceso formativo. Esta modalidade está dispoñible na páxina web de Competencias Dixitais, na área relativa á formación, onde se publica a oferta dirixida ao persoal da Administración Pública.
Nesta modalidade, o alumnado conta cunha estrutura de traballo definida con actividades e prazos establecidos, así como acompañamento do persoal titor.
Autoformación
É a opción ideal para quen queira preparar pola súa conta a proba de certificación ComDix. A autoformación consiste en materiais dispoñibles en liña para que cada persoa poida aprender ao seu propio ritmo, sen horarios fixos e sen acompañamento titorizado.
Características principais:
- Acceso libre e gratuíto aos contidos.
- Recursos teóricos e prácticos organizados por niveis.
- Non require inscrición nin seguimento por parte do persoal formador.
- Non inclúe avaliación continua nin acreditación directa.
Formación titorizada
A formación titorizada baseada nun itinerario de aprendizaxe guiado, no que a persoa participante conta con apoio e seguimento ao longo do proceso formativo.
Características principais:
- Seguimento personalizado do progreso da persoa participante.
- Actividades guiadas e avaliación continua.
É a opción máis axeitada para quen precise acompañamento, orientación e práctica supervisada.
Os materiais oficiais para preparar a proba de libre acceso da certificación ComDix a través da EGAP están dispoñibles na súa plataforma de teleformación, onde atoparás os recursos necesarios para preparar a avaliación.
Todo o material é gratuíto e está pensado para que cada persoa poida preparar a proba de maneira autónoma, sen necesidade de asistir a formación presencial.
Os materiais para preparar a certificación ComDix están dispoñibles na área de formación da web de Competencias Dixitais. Na sección de autoformación atopará a ligazón á plataforma de teleformación da Rede CeMIT, onde se inclúen:
- Contidos organizados por niveis (básico e intermedio), para que poidas estudar segundo o teu punto de partida.
- Materiais teóricos e prácticos que explican as competencias dixitais que se avalían na proba.
- Recursos interactivos que che permiten avanzar ao teu ritmo e reforzar o aprendido.
Todo o material é gratuíto e está pensado para que calquera persoa poida prepararse de forma autónoma, sen necesidade de asistir á formación presencial.
A Rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica, Rede CeMIT, está habilitada e autorizada para realizar formación e avaliación para a certificación en competencias dixitais definida no Marco Galego de competencias dixitais. Actualmente, na súa plataforma de teleformación (https://formacion-cemit.xunta.gal), previa alta como persoa usuaria, pódense visibilizar contidos, relacionados coas competencias dixitais derivadas do Marco Galego de competencias dixitais e que permiten adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes no eido dixital.
É importante ter en conta que, en caso de superar estes cursos formativos en modalidade de autoformación, obterase un diploma de aproveitamento polas horas formativas realizadas, pero estes non outorgan directamente a certificación ComDix, que deberá obterse polas vías dispoñibles no Documento de Bases para o desenvolvemento do Marco Galego de competencias dixitais.
Actualmente, a través da Rede CeMIT están dispoñibles os contidos formativos vinculados ao Marco Galego de competencias dixitais, (https://formacion-cemit.xunta.gal). Para acceder aos mesmos, é necesario rexistrarse previamente como persoa usuaria da Rede CeMIT.
Para a cidadanía existen dúas opcións, contidos de autoformación (nivel iniciación activo e nivel intermedio proximamente) e formación titorizada.
Facendo referencia ao persoal da Administración Pública, existe a posibilidade dentro da EGAP (Lista de cursos :: EGAP) de acceder aos contidos de autoformación que permiten aprender por conta da usuaria ou usuario e ao seu propio ritmo.
Estes contidos non emiten ningún tipo de certificado, e tampouco é necesario visualizalos na súa totalidade, preséntase como un material de apoio aos participantes para ter de referencia e preparar a proba ComDix.
Para o persoal da Administración Pública existen dúas opcións a través da plataforma da EGAP (Lista de cursos :: EGAP), contidos de autoformación e cursos titorizados.