Máis información?

Máis información?

O Marco Galego de competencias dixitais establece 5 grandes áreas de dominio e 21 competencias. Podes velo nesta ligazón.

O Marco Galego de competencias dixitais, conforme ao Documento de Bases e ao Decreto 132/2021, serve como instrumento oficial para a normalización, avaliación e acreditación das competencias dixitais en Galicia. Os seus principais propósitos son:

Definir e homologar un catálogo de competencias dixitais con descritores e niveis que faciliten a valoración obxectiva do dominio dixital.

Servir de referencia para o deseño de programas formativos, itinerarios de aprendizaxe e currículo educativo en todos os niveis.

Construír o marco de referencia para procedementos de recoñecemento e acreditación, establecendo criterios e evidencias para a certificación.

O Marco Galego de competencias dixitais determina os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para contribuír ao desenvolvemento dunha sociedade usuaria de servizos dixitais avanzados, mellora profesional e benestar colectivo.

Nace para dar resposta á necesidade de acadar unha cidadanía dixitalmente responsable nun contexto no que a relación coa Administración, a vida cotiá e o emprego requiren o uso continuado das tecnoloxías da sociedade da información, para o que se van desenvolver unha serie de áreas e competencias dixitais que permitirá ter de referencia.

Ten 4 niveis: iniciación, intermedio, avanzado e especializado. Os dous primeiros estanse a desenvolver actualmente e os dous superiores desenvolveranse no futuro.

Nivel iniciación, adquírense coñecementos e destrezas iniciais para acceder e utilizar as tecnoloxías dixitais con seguridade e responsabilidade.

Nivel intermedio, aplícanse as competencias dixitais con maior autonomía e extensión, adoptando criterios de avaliación e solucións máis complexas.