QUE É UNHA COMPETENCIA DIXITAL?
É un conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes para usar a tecnoloxía de xeito creativo, crítico e seguro que permita as persoas alcanzar os seus obxectivos para o traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, o ocio, a inclusión e a participación plena na sociedade.
QUE É O MARCO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS?
O Marco galego de competencias dixitais nace co obxectivo de atender á necesidade de acadar unha cidadanía dixitalmente responsable nun contexto no que a vida cotiá, o emprego e a relación coa administración promoven o uso continuado das tecnoloxías.
Nel se propoñen os coñecementos e aptitudes que se consideran idóneos para acadar a competencia dixital. E crea a “certificación galega en competencias dixitais”, así como establece os requisitos e procedementos para a súa obtención.
A certificación galega en competencias dixitais, que deriva deste marco, porase en marcha ao longo de 2022.
Atopa aquí todo o que necesitas saber sobre...
No futuro, amosaranse aquí ligazóns cara ás convocatorias de exames e cursos, contidos formativos e ferramentas de autodiagnóstico.
DIGCOMP 2.2: O MARCO EUROPEO DE REFERENCIA
Está baseado no marco europeo European Digital Competence Framework (DigComp), polo que se aliña co que os organismos europeos promoven para acadar unha cidadanía dixital responsable. Ao mesmo tempo, adaptándose á realidade cultural, social, operativa e normativa de Galicia.