Estrutura do Marco Galego de competencias dixitais
O Marco Galego de competencias dixitais define os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para o desenvolvemento dunha sociedade usuaria dos servizos dixitais en todos os eidos da cidadanía e pasa a ser a referencia descritiva sobre a cal se sustenta a súa certificación e acreditación.
Áreas Competenciais
- Información e datos
- Comunicación e colaboración
- Creación de contido dixital
- Seguridade e privacidade
- Contorna dixital e solución dos problemas
Competencias
Cada unha descrita mediante coñecementos, habilidades e aptitudes asociadas.
Niveis de aptitudes
- Iniciación
- Intermedio
- Avanzado
- Especializado
Exemplos de uso
Exemplos que mostran como se poden empregar as competencias en situacións reais para cada perfil.
Áreas e competencias do Marco Galego
Información e datos
Navegar, buscar, filtrar, avaliar e xestionar os datos, a información ou o contido dixital
- Navegar, buscar, localizar e filtrar información, datos e contidos dixitais.
- Avaliar e verificar a información, os datos e o contido dixital.
- Manexar a información, os datos e os contidos dixitais.
Comunicación e colaboración
Interactuar, compartir, participar e colaborar a través das tecnoloxías dixitais. Coñecer as regras de comportamento na rede e xestionar a identidade dixital.
- Interactuar a través das tecnoloxías dixitais.
- Compartir a través de tecnoloxías dixitais.
- Participar na sociedade a través das tecnoloxías dixitais.
- Colaborar por medio das tecnoloxías dixitais.
- Comportarse na rede: netiqueta.
- Xestionar a identidade dixital.
Creación de contido dixital
Facer, refacer ou compoñer contidos dixitais. Entender como se aplican os dereitos de autor e as licenzas de uso. Inclúe a programación como xeito de expresarmos nunha contorna dixital.
- Crear contido dixital.
- Refacer e compoñer contidos dixitais.
- Atender os dereitos de autoría e licenzas.
- Programar.
Seguridade e privacidade
Protexer os dispositivos e os datos persoais, resgardar o privado e preservar a saúde, o benestar e o medio ambiente.
- Protexer os dispositivos.
- Protexer os datos persoais e a privacidade.
- Protexer a saúde e o benestar.
- Protexer o medio ambiente.
Contorna dixital e solución de problemas
Coñecer a contorna, configurar os dispositivos tecnolóxicos e resolver problemas técnicos, identificar as necesidades de resposta tecnolóxica, usar as tecnoloxías de forma innovadora e creativa e identificar fallas nos coñecementos dixitais.
- Comprender o contorno dixital e resolver problemas técnicos.
- Identificar necesidades e respostas tecnolóxicas.
- Usar as tecnoloxías de xeito creativo.
- Identificar fallas nos coñecementos dixitais propios.