A certificación galega en competencias dixitais
O certificado ComDix é a certificación galega en competencias dixitais promovida pola Xunta de Galicia, que acredita de maneira oficial o nivel de coñecementos, habilidades e aptitudes dunha persoa no uso das tecnoloxías dixitais nos ámbitos persoal, social e profesional.
O ComDix avalía un total de 21 competencias organizadas en cinco grandes áreas e establece, polo momento, dous niveis de aptitude: iniciación e intermedio.
Que é o Marco Galego de competencias dixitais?
O Marco Galego de competencias dixitais nace co obxectivo de atender á necesidade de acadar unha cidadanía dixitalmente responsable nun contexto no que a vida cotiá, o emprego e a relación coa administración promoven o uso continuado das tecnoloxías.
Nel detállanse os coñecementos, habilidades e aptitudes que se consideran idóneos para acadar a competencia dixital. E crea a “certificación galega en competencias dixitais”, establecendo os requisitos e procedementos para a súa obtención.
A estrutura do Marco Galego de competencias dixitais
O Marco Galego de competencias dixitais define os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para o desenvolvemento dunha sociedade usuaria dos servizos dixitais en todos os eidos da cidadanía e pasa a ser a referencia descritiva sobre a cal se sustenta a súa certificación e acreditación.
Queres obter a certificación ComDix?
Descubre as distintas vías dispoñibles para acreditar as túas competencias dixitais e conseguir a certificación oficial.
Queres formarte en competencias dixitais?
Coñece a formación gratuíta que tes a túa disposición para adquirir segundo o teu perfil e nivel de coñecementos, para mellorar as túas habilidades e competencias dixitais.
Formación cidadanía Formación persoal Administración Pública
Actualidade
Novidades
Resolve as túas dúbidas
Se aínda tes dúbidas sobre o Marco Galego de competencias dixitais, aquí atoparás resposta ás preguntas máis habituais: cales son as súas áreas e competencias, que niveis de aptitude existen ou cando e donde podes formarte, entre outras.
Consulta toda a información de forma clara e rápida na nosa sección e resolve as túas dúbidas.