Rematei a proba de certificación ComDix pero non recibín ningún correo cos meus resultados. Que debo facer?

As persoas que resultan aptas na proba reciben un correo electrónico informativo no enderezo facilitado durante o proceso. As persoas non aptas non reciben ningún correo, xa que os resultados só se comunican en caso de superar a certificación.

Se pasou un tempo razoable e non recibiches o correo de apto, é posible que houbese un erro no enderezo electrónico ou un problema na entrega. Nese caso, debes escribir a competencias-dixitais [at] xunta.gal (competencias-dixitais[at]xunta[dot]gal) enviando:

  • Os teus datos persoais
  • A data e hora da proba

Con esta información poderemos revisar a túa proba e enviar a resposta correspondente.

Categoría
Certificación