As persoas que resultan aptas na proba reciben un correo electrónico informativo no enderezo facilitado durante o proceso. As persoas non aptas non reciben ningún correo, xa que os resultados só se comunican ás persoas que superan a certificación.
Se pasou un tempo razoable e non recibiches o correo de apto, é posible que houbese un erro no enderezo electrónico ou un problema na entrega. Nese caso, debes escribir a competencias-dixitais [at] xunta.gal (competencias-dixitais[at]xunta[dot]gal) e indicar:
- Os teus datos persoais
- A data e a hora da proba
Con esta información poderase revisar a túa proba e enviarche a resposta correspondente.
Categoría
Certificación