Data
Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral e coa finalidade que poida acreditar que posúe os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional.
Celebraranse 2 edicións presenciais independentes, a celebrar os días 23-24-25 de outubro e o 20-21-22 de novembro nas aulas CeMIT de 45 concellos de toda Galicia.
A inscrición a estas probas poderá realizarse a través da Rede CeMIT dende o día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sendo requisitos ser maior de 16 anos e usuario/a da rede CeMIT.
Categoría
Noticia de actualidade xenérica do programa de certificación