A Amtega convoca máis de 1.350 prazas na primeira convocatoria do ano para obter a certificación galega de competencias dixitais (COMDIX)

Data

Na convocatoria se anuncia a celebración das probas de carácter libre os días 2-3-4 de abril de forma presencial nas aulas CeMIT para a obtención da certificación galega en competencias dixitais no seu nivel Iniciación (ComDix Iniciación).
A convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral e coa finalidade que poida acreditar que posúe os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional.
A inscrición a estas probas poderá realizarse a través da Rede CeMIT dende o día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ata o día 28 de febreiro, inclusive; sendo requisitos ser maior de 16 anos e usuario/a da rede CeMIT.

Categoría

Noticia de actualidade xenérica do programa de certificación