Validación CODIX

Banner

En que consiste?

O novo Marco Galego inclúe o desenvolvemento de 21 competencias dixitais polo que a equivalencia entre a certificación CODIX e ComDix non é completa, sendo necesario completar e acreditar o coñecemento destas competencias a través dun curso ponte que aborda e completa as competencias non cubertas pola certificación CODIX.

O curso formativo, ofertarase na plataforma de teleformación da Rede CeMIT con actividades e tarefas autocorrectivas, cuestionarios de módulo e canle de resolución de dúbidas.

Imaxe dunga man con unha icona dixital

 

Como funciona?

 

CARACTERÍSTICAS

A cidadanía con CODIX que decida optar a conseguir o certificado ComDix Iniciación mediante este itinerario -ofertado a través da Rede CeMIT- deberá completar unha acción formativa:

  • en modalidade autoformación
  • con titorización reactiva
  • dunha duración de 60 horas.  
 
AVALIACIÓN

Para superar o curso será obrigatorio:

  • Completar as tarefas e cuestionarios (en formato autocorrección)
  • Superar o cuestionario final en liña de 30 preguntas.

 

CERTIFICACIÓN

A superación do curso, da dereito a obtención da certificación ComDix nivel iniciación.

Home co unha tablet

Pasos para obter a validación

Dispoñer do certificado CODIX

Este dato certificarase pola Administración e é requisito fundamental para participar na convocatoria.

Icona
1

Apuntarse na convocatoria

Seguindo as indicacións da propia convocatoria publicada no DOG ao efecto.

Icona
2

Realización do contido do curso

Superando as actividades prácticas e cuestionarios.

Icona
3

Superación da proba final

Superado o curso, farase a proba final e unha vez aprobada emitirase o certificado ComDix. 

Icona
4
PROXIMAMENTE

Acceso convocatorias