Autoformación

autoformacion_iniciacion_gal

En que consiste?

Fórmate en liña dende onde queiras e ao teu ritmo para obter a certificación ComDix en competencias dixitais.

Itinerario formativo dispoñible na plataforma de teleformación da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)* composto de varios cursos con actividades prácticas e cuestionarios finais. 

Estes contidos facilitan a preparación das materias e consolidación a dos coñecementos antes de presentarse á proba de certificación.

 Plataforma de teleformación da Rede CeMIT

autoformacion
 

Como funciona?

 

ITINERARIO FORMATIVO
  • Contidos en liña en réxime de autoformación, para que te formes ao teu ritmo e con flexibilidade de aprendizaxe. 
  • Acceso con automatriculación sempre aberto na plataforma de teleformación da Rede CeMIT.
  • Composto por 6 cursos que abarcan as áreas de coñecemento que compoñen a certificación.
  • Estes cursos facilitan a preparación dos contidos antes de presentarse á proba de certificación ComDix.
 
AVALIACIÓN
  • Non é necesario superar nin completar todo o itinerario formativo, nin seguir por orde numérica o mesmo para presentarse ás probas de certificación ComDix.
  • Ao remate de cada un dos cursos podes obter un diploma de aproveitamento mediante a superación dun exame final presencial nunha aula da rede CeMIT. Este diploma emítese pola formación realizada, non é o certificado ComDix. 

*A obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix) require realizar e superar a proba de certificación presencial, que se convocará a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia en diversas localidades con aula CeMIT.

 

Tablet sobre unha mesa

Como é a experiencia de aprendizaxe?

Aprendes ao teu ritmo, sen horarios, con acceso desde calquera lugar. 

Icona
picture38.s

A quen vai dirixida?

A toda a cidadanía maior de 16 anos que queira mellorar as súas competencias dixitais básicas a través dunha formación ao seu ritmo e sen titorización ni seguimiento, para prepararse para a proba de certificación ComDix.

 
Icona
ciudadania-svg_v2

Como inscribirse?

  • Accede á plataforma de teleformación. Lembra! É necesario estar dado de alta como usuario CEMIT.
  • Selecciona o curso ComDix desexado.
  • Supera a formación superando as actividades e cuestionarios do curso.
Icona
cursoscomdix_aprovechamiento

Que obteño?

Ao superar a cada un dos cursos podes obter un Diploma de aproveitamento coa acreditación das horas realizadas e das competencias adquiridas, mediante a superación dun exame final presencial nunha aula da rede CeMIT.

Icona
prueba-certificacion_ComDix

Obtén o certificado ComDix!

Se tras esta formación queres obter a certificación ComDix, podes facelo revisando as convocatorias abertas neste momento.

Acceso a convocatorias na Rede CeMIT