Formación titorizada intermedio

formacion-tutorizada-intermedio_gal

En que consiste esta formación?

A formación titorizada de nivel intermedio é un itinerario formativo en liña que permite adquirir e consolidar competencias dixitais co acompañamento dunha persoa titora.

Inclúe:

  • Contidos prácticos e aplicados
  • Actividades avaliables
  • Seguimento e apoio continuo

Esta formación axudarache a prepararte para a proba de certificación en competencias dixitais.

CursoTutorizado2

 

Como é a formación?

 

CARACTERÍSTICAS
  • Formación en liña e flexible
  • Sen horarios: avanzas ao teu ritmo
  • Duración aproximada: 8-10 semanas (ou ata 250 h segundo o itinerario)

 

AVALIACIÓN
  • Actividades prácticas
  • Avaliación continua
  • É necesario completar o 80 % das actividades avaliadas

 

ACOMPAÑAMENTO
  • Titor/a especializado/a
  • Resolución de dúbidas
  • Sesións grupais
curso_tutorizado_intermedio

A quen vai dirixida?

Dirixido a persoas con certa autonomía dixital que desexan mellorar o seu nivel e empregabilidade, nivel intermedio orientado a persoas usuarias con experiencia previa.

Icona
ciudadania-svg_v2

Que obteño?

Obterás un diploma acreditativo, mellorarás as túas competencias dixitais e prepararaste para a proba de certificación.

Icona
prueba-certificacion_ComDix

Esta formación está deseñada para axudarche a adquirir os coñecementos necesarios para superar a proba de certificación ComDix.

Ao finalizar, poderás:

  • Presentarte á proba oficial
  • Acreditar o teu nivel de competencias dixitais

Importante: Esta formación NON outorga directamente a certificación ComDix. 

Para obtela, é necesario superar a proba de certificación oficial. Consulta Proba de certificación para máis información.

Queres ver como é a proba antes de presentarte?

Accede á demo e familiarízate coa contorna e cos tipos de preguntas que atoparás ese día.

A demo non ten efectos avaliativos nin garda resultados: é un espazo de práctica para que poidas prepararte con seguridade.

Acceso á demo da proba

Da o seguinte paso na túa formación

Accede agora á formación titorizada de nivel intermedio a través da Rede CeMIT e mellora as túas competencias co acompañamento de profesionais.

Consulta as convocatorias abertas e inscríbete na próxima edición dispoñible desde a plataforma oficial.

Acceso á formación na Rede CeMIT