En que consiste esta formación?
A formación titorizada de nivel iniciación é un curso formativo en liña que permite adquirir autonomía nas competencias dixitais básicas e desenvolver confianza no uso cotián da tecnoloxía, a través dun curso con acompañamento e seguimento dunha persoa titora.
Inclúe:
- 10 horas de formación presencial
- Contidos prácticos e aplicados ao día a día
- Actividades avaliables
- Seguimento e apoio continuo
Esta formación axudarache a prepararte para a proba de certificación en competencias dixitais para o nivel iniciación.
Como é a formación?
CARACTERÍSTICAS
- Formación en liña e flexible
-
10 horas iniciais de formación presencial
- Sen horarios: avanzas ao teu ritmo
- Duración aproximada: 8-10 semanas (ou ata 250 h segundo o itinerario)
AVALIACIÓN
- Actividades prácticas
-
Enfocado na aprendizaxe de competencias básicas e no uso cotián da tecnoloxía
- É necesario completar o 80 % das actividades avaliadas
ACOMPAÑAMENTO
- Titor/a especializado/a
- Seguimento e resolución de dúbidas
Esta formación está deseñada para axudarche a adquirir os coñecementos necesarios para superar a proba de certificación ComDix no nivel iniciación.
Ao finalizar, poderás:
- Presentarte á proba oficial
- Acreditar o teu nivel de competencias dixitais
Importante: Esta formación NON outorga directamente a certificación ComDix.
Para obtela, é necesario superar a proba de certificación oficial. Consulta Proba de certificación para máis información.
Queres ver como é a proba antes de presentarte?
Accede á demo e familiarízate coa contorna e cos tipos de preguntas que atoparás ese día.
A demo non ten efectos avaliativos nin garda resultados: é un espazo de práctica para que poidas prepararte con seguridade.
Da o seguinte paso na túa formación
Accede agora á formación titorizada de nivel intermedio a través da Rede CeMIT e mellora as túas competencias co acompañamento de profesionais.
Consulta as convocatorias abertas e inscríbete na próxima edición dispoñible desde a plataforma oficial.