Que podo facer se finalmente non podo acudir á proba na que estou inscrito?

A renuncia dunha inscrición nunha proba de certificación ComDix debe realizarse de acordo co establecido na resolución da correspondente convocatoria de probas de libre acceso.
Tal e como recolle a normativa vixente, para formalizar a renuncia é necesario presentar unha xustificación válida, axustada aos supostos previstos na resolución.

As persoas inscritas que precisen cancelar a súa participación deberán ter en conta os prazos sinalados e enviar unha comunicación ao enderezo habilitado para a xestión do proceso, indicando:

  • Os seus datos persoais
  • A proba na que estaban inscritas
  • A motivación da cancelación conforme aos criterios recollidos na resolución da convocatoria

Unha vez recibida a solicitude, o equipo responsable revisará a documentación achegada e comunicará a resolución correspondente.

Categoría
Convocatorias de exame