Nun contexto social e laboral cada vez máis dixitalizado, contar cun certificado actualizado en competencias dixitais é fundamental para participar activamente na sociedade e adaptarse aos cambios tecnolóxicos constantes.
Este certificado permite acreditar que a persoa posúe os coñecementos e habilidades necesarias para utilizar as tecnoloxías de forma eficaz, segura e responsable, tanto no ámbito persoal (comunicación, xestión de trámites, busca de información, lecer) como no profesional (formación continua, busca de emprego, desenvolvemento laboral).
O certificado ComDix, promovido pola Xunta de Galicia e baseado no Marco Europeo DigComp 3.0, e ten unha validez de cinco anos. A súa renovación periódica garante que os contidos e competencias recoñecidas están actualizados e responden ás necesidades reais do entorno dixital, que evoluciona de forma constante.
En definitiva, non se trata só de obter un título, senón de demostrar que se está preparada e preparado para afrontar os retos e oportunidades que ofrece o mundo dixital actual.