Onde podo adestrar?

A Rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica, Rede CeMIT, está habilitada e autorizada para realizar formación e avaliación para a certificación en competencias dixitais definida no Marco Galego de competencias dixitais. Actualmente, na súa plataforma de teleformación (https://formacion-cemit.xunta.gal), previa alta como persoa usuaria, pódense visibilizar contidos, relacionados coas competencias dixitais derivadas do Marco Galego de competencias dixitais e que permiten adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes no eido dixital.

É importante ter en conta que en caso de superar estes cursos formativos en modalidade autoformación, obterase un diploma de aproveitamento polas horas formativas realizadas, pero non outorgan directamente a certificación ComDix, que deberá obterse polas vías dispoñibles no Documento de Bases para o desenvolvemento do Marco Galego de competencias dixitais.

Facendo referencia aos empregados públicos, existe a posibilidade dentro da EGAP (Lista de cursos :: EGAP) de acceder aos contidos de autoformación que permiten aprender por conta do usuario e ao seu propio ritmo. Estes contidos non emiten ningún tipo de certificado, e tampouco é necesario visualizalos na súa totalidade, preséntase como un material de apoio aos participantes para ter de referencia e preparar a proba ComDix.

Categoría
Formación