Como podo obter a certificación ComDix?

A certificación galega en competencias dixitais pode conseguirse a través de tres vías principais, segundo o establecido no Marco Galego de competencias dixitais: 

Superando unha proba de certificación (proba libre oficial) 

É a vía máis directa e aberta a toda a cidadanía maior de 16 anos. As probas son convocadas pola Amtega e publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG). Teñen lugar en diferentes localidades con aula CeMIT dispoñible. Para inscribirse é necesario ser usuario/a da Rede CeMIT, preinscribirse na localidade e horario desexado e consultar as prazas dispoñibles e posteriormente seguir o proceso de selección por sorteo. 

Completando formación titorizada con aproveitamento activo e avaliación continua. 

En colaboración con entidades formadoras ou a través da Rede CeMIT, poden organizarse cursos titorizados que inclúan: contidos adaptados ao nivel ComDix, avaliación continua e final e expedición do certificado ao superar a formación segundo os criterios establecidos ao seu efecto.

Validación de outra titulación ou certificación equivalente. 

Si xa tes formación ou certificacións recoñecidas en competencias dixitais podes solicitar a convalidación. 

Categoría
Certificación