É necesario seguir un proceso de preinscrición e selección por sorteo, que garante a igualdade de oportunidades entre todas as persoas interesadas.
1.Alta como usuario/a da Rede CeMIT
Antes de inscribirte, debes estar dado/a de alta como usuario/a da Rede CeMIT:
Accede a aulascemit.xunta.es/usuarios. Despois cubre os teus datos persoais e facilita unha conta de correo electrónico válida o cal será a canle principal de comunicación durante todo o proceso.
2.Preinscrición na convocatoria
Unha vez publicado o calendario oficial no DOG e na web da Rede CeMIT:
Entra en cemit.xunta.gal, escolle a localidade, día e hora que mellor se adapte a ti e fai click en “reservar” introducindo posteriormente as túas credenciais de usuario/a. Só se permite unha solicitude por persoa. Se te inscribes en máis dunha localidade ou horario, serás excluído/a automaticamente.”