Actualmente, a través da Rede CeMIT están dispoñibles os contidos formativos vinculados ao Marco Galego de competencias dixitais, (https://formacion-cemit.xunta.gal). Para acceder aos mesmos, é necesario rexistrarse previamente como persoa usuaria da Rede CeMIT.
Para a cidadanía existen dúas opcións, contidos de autoformación (nivel iniciación activo e nivel intermedio proximamente) e formación titorizada.
Para os empregados públicos existen dúas opcións a través da plataforma da EGAP (Lista de cursos :: EGAP), contidos de autoformación e cursos titorizados.
Categoría
Formación