Cal é a diferenza entre autoformación e formación titorizada para a Rede CeMIT?

Autoformación
É a opción ideal para quen queira preparar pola súa conta a proba de certificación ComDix. A autoformación consiste en materiais dispoñibles en liña para que cada persoa poida aprender ao seu propio ritmo, sen horarios fixos e sen acompañamento titorizado.

Características principais:

  • Acceso libre e gratuíto aos contidos.
  • Recursos teóricos e prácticos organizados por niveis. 
  • Non require inscrición nin seguimento por parte do persoal formador.
  • Non inclúe avaliación continua nin acreditación directa.

Formación titorizada
A formación titorizada baseada nun itinerario de aprendizaxe guiado, no que a persoa participante conta con apoio e seguimento ao longo do proceso formativo.

Características principais:

  • Seguimento personalizado do progreso da persoa participante.
  • Actividades guiadas e avaliación continua.

É a opción máis axeitada para quen precise acompañamento, orientación e práctica supervisada.

Categoría
Formación