En que consiste esta formación?
A formación titorizada con aproveitamento activo é un itinerario formativo que combina aprendizaxe práctica, seguimento continuo e avaliación de resultados.
Baséase nun modelo de:
- Titorización activa
- Participación do alumnado
- Avaliación continua
Está deseñada para garantir unha aprendizaxe real e progresiva, con apoio constante ao longo de todo o proceso.
Como funciona?
ITINERARIO FORMATIVO
Composto por varios bloques ou cursos. Pódese realizar:
- O itinerario completo
- Cursos individuais
250 horas en total co itinerario completo ou mediante módulos independentes.
ACOMPAÑAMENTO
- Titor/a especializado/a
- Resolución de dúbidas
- Retroalimentación continua
- Foro de soporte dentro da plataforma
AVALIACIÓN
- Actividades obrigatorias
- Cuestionario final
- Avaliación continua
Para superar o curso será obrigatorio:
- Completar as actividades
- Acadar os mínimos requiridos de avaliación
Como é a experiencia de aprendizaxe?
Aprendes ao teu ritmo, sen horarios, con acceso desde calquera lugar. Contas co apoio continuo dun titor ou titora, seguimento personalizado e sesións grupais que enriquecen a aprendizaxe.
A quen vai dirixida?
Dirixida a persoas que queren mellorar as súas competencias dixitais, obter unha certificación oficial ou aprender cun modelo guiado, con acompañamento e apoio continuo durante todo o proceso.
Como inscribirse?
- Consulta as convocatorias activas
- Realiza a inscrición en liña
- Agarda a asignación de prazas (pode haber sorteo)
- Accede á formación
Lembra: As convocatorias publícanse na Rede CeMIT e no DOG.
Que obteño?
Ao superar a formación, obtés un diploma de aproveitamento, xunto coa acreditación das horas realizadas e das competencias adquiridas ao longo do itinerario formativo.
Superado todo o itinerario formativo, emitirase o Certificado ComDix nivel iniciación.
Da o seguinte paso na túa formación
Accede agora á formación titorizada con aproveitamento activo de nivel iniciación a través da Rede CeMIT e mellora as túas competencias co acompañamento de profesionais.
Consulta as convocatorias abertas e inscríbete na próxima edición dispoñible desde a plataforma oficial.