Validacións

Validacións doutro título ou certificación

Esta vía de obtención da certificación consiste na acreditación de que a persoa ten os coñecementos e habilidades propios do nivel de certificación ao que se presente, mediante a xustificación de ter superado xa outras certificacións ou formacións que cubran as competencias consideradas no ComDix.*

* Estas vías son as previstas pero, polo momento, están pendentes de aprobar.

cidadanía

As seguintes vías de validación estarán dispoñibles proximamente. Estas vías iranse ampliando de maneira progresiva, a medida que se vaia actualizando o Documento de Bases que desenvolve o Marco Galego, co obxectivo de incorporar os cambios nas tecnoloxías, nos coñecementos, nas competencias e nas aptitudes.
 

De CODIX a ComDix iniciación

As persoas que dispoñan da anterior Certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX) xa acreditan dispor de varias das competencias dixitais identificadas polo ComDix no seu nivel iniciación.

Nestes casos é necesaria para a validación a realización dun curso ponte orientado a dar a coñecer o Marco Galego de competencias dixitais e a súa aplicación e a abordar as competencias dixitais complementarias ao CODIX, co obxecto final de completar todos os coñecementos, capacidades e aptitudes incluídos na certificación "ComDix Iniciación".

Itinerario validación "De CODIX a ComDix iniciación"

Cidadanía

  • A través: Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT).
  • Contido formativo troncal: 60h (1 Curso).
  • Requisitos de acceso: Dispoñer do certificado CODIX  (equivalente a 190 h).
  • Modalidade: Autoformación con titorización reactiva.
  • Tempo máximo de realización: 2 meses, atendendo ao cronograma de cada edición.
  • Modalidade de proba final: Asíncrona e en liña, para realizar no período máximo de 30 días despois da finalización do último módulo.
 
PROXIMAMENTE

Convocatorias CEMIT

Icona
cidadanía

Persoal da Administración Pública

  • A través: Escola Galega da Administración Pública (EGAP).
  • Contido formativo troncal: 60h (1 Curso).
  • Requisitos de acceso: Dispoñer do certificado CODIX  (equivalente a 190 h).
  • Modalidade: Teleformación con titorización activa.
  • Tempo máximo de realización: 2 meses, atendendo ao cronograma de cada edición.
  • Modalidade de proba final: Síncrona e en liña, para realizar entre 3 e 7 días despois da finalización do último módulo.
 
Icona
administración

Validación Formación EGAP

O persoal da Administración Pública poderá optar á obtención directa do certificado “ComDix Intermedio” mediante a acreditación de ter superado unha serie de cursos no ámbito da Escola Galega da Administración Pública. Concretamente, deberán cumprir os seguintes

REQUISITOS :

  1. Ter realizado ou realizar, nos últimos 10 anos, un curso EGAP de cada unha das 11 temáticas sinaladas na seguinte listaxe.
  2. Deberá cumprirse ademais que polo menos 5 destes cursos fosen realizados nos últimos 5 anos.
PROXImamentE

Acceso a listaxe de cursos convalidables

 

cabeceira