Validación CODIX (curso ponte cidadanía)
Para aquelas persoas que dispoñan da anterior certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX).
As persoas que dispoñan da anterior Certificación galega en competencias dixitais en ofimática - CODIX xa acreditan dispor de varias das competencias dixitais identificadas por ComDix no seu nivel iniciación.
O novo Marco Galego inclúe o desenvolvemento de 21 competencias dixitais polo que a equivalencia entre a certificación CODIX e ComDix non é completa sendo necesario completar e acreditar o coñecemento destas competencias a través dun curso ponte que aborda e completa as competencias non cubertas pola certificación CODIX.
Curso formativo do que se irán ofrecendo sucesivas convocatorias na plataforma de teleformación da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)* (modalidade autoformación) con actividades e tarefas autocorrectivas, cuestionarios de módulo e canle de resolución de dúbidas.
* É necesario estar dado de alta como usuario CEMIT.
Duración aproximada: 2 meses (60h) --- Convocatorias (publicadas no DOG).
Tras os 30 días seguintes a superación do curso, a persoa usuaria deberá realizar o cuestionario final para poder obter, tras a súa aprobación, o certificado ComDix Iniciación (2 intentos dispoñibles).
Pasos para obter a validación
Dispoñer do certificado CODIX
Este dato certificarase pola Administración e é requisito fundamental para participar na convocatoria.
Apuntarse na convocatoria
Seguindo as indicacións da propia convocatoria publicada no DOG ao efecto.
Realización do contido do curso
Superando as actividades prácticas e cuestionarios.
Superación da proba final
Superado o curso, farase a proba final e unha vez aprobada emitirase o certificado ComDix.
Acceso convocatorias