Marco Galego

Que é o Marco Galego de competencias dixitais?

É a referencia sobre a cal se sustenta a certificación e acreditación das competencias dixitais.

Define os coñecementos, capacidades e aptitudes necesarias para o desenvolvemento dunha sociedade usuaria dos servizos dixitais en todos os eidos da cidadanía.

edificio

Evolución do Marco Galego

No desenvolvemento normativo galego a Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia promove a creación do Marco Galego de competencias dixitais co obxectivo de dar resposta á necesidade de acadar unha cidadanía dixitalmente responsable nun contexto no que a relación coa Administración, a vida cotiá e o emprego requiren do uso continuado de tecnoloxías da sociedade da información.

Nesta liña, publicouse o Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco Galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais que regula os procesos de definición e xestión do marco e tamén a certificación galega en competencias dixitais como garante da calidade dos coñecementos, destrezas e capacidades que as persoas posúen no ámbito dixital. O decreto crea ademais o rexistro de certificacións galegas en competencias dixitais e entidades colaboradoras, co fin de simplificar a xestión do proceso de acreditación.

O desenvolvemento e detalle concreto do Marco Galego de competencias dixitais atopámolo no seu documento de bases.

Infografía_Años_ComDix_v2

Decreto 218/2011, de 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Icona
2011

Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia.

Icona
2019

Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco Galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.

Icona
2021

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2023 pola que se aproba o Documento Bases para o desenvolvemento do Marco Galego de competencias dixitais.

Icona
2023

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2025 pola que se aproba o documento denominado Bases para o desenvolvemento do Marco Galego de competencias dixitais, previsto no Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco Galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais, e se dispón a súa publicación.

Icona
2025

Documento de bases para o desenvolvemento do Marco Galego

O instrumento que recolle e concreta os detalles e peculiaridades do Marco Galego (dimensións, especializacións por perfís, requirimentos para a obtención da certificación etc,) concrétanse a través do Documento de Bases, que estará en continua evolución e adaptación para recoller os cambios nas tecnoloxías, nos coñecementos, competencias ou aptitudes.

Adaptación do Marco Europeo DigComp

O Marco Galego de competencias dixitais apóiase nun contexto europeo que da prioridade ao desenvolvemento das novas habilidades dixitais. O Consello Europeo de Lisboa do ano 2000 ditou que "todo cidadán debe posuír os coñecementos necesarios para traballar e vivir na nova sociedade da información“.

Sobre eses alicerces naceu en 2013 o Marco Europeo de competencia dixital para a cidadanía (DigComp) que foi evolucionando ata o actual DigComp 2.2, que se usou como referencia no deseño do Marco Galego de competencias dixitais.

Atopa aquí máis información

digcomp