Formación titorizada (só para persoal da Administración Pública)

Formacion-titorizada_Aproveit_egap_gal

En que consiste esta formación?

Na plataforma da EGAP ofrécense cursos ComDix con avaliación continua e aproveitamento activo nos niveis iniciación e intermedio, baseados nun enfoque práctico que facilita a aprendizaxe e a consolidación dos coñecementos.

Inclúe:

  • Seguimento e apoio continuo dunha persoa titora
  • Contidos aplicados ao día a día e actividades prácticas
  • Cuestionarios en liña e avaliación final

Ao completar con éxito un itinerario formativo, obterase o certificado galego en competencias dixitais (ComDix) no nivel correspondente.

Home e muller mirando un monitor

Como funciona?

 

ITINERARIO FORMATIVO
  • Composto por varios cursos individuais que forman un itineario completo ComDix. 
  • Para obter o certificado ComDix, é necesario cursar e superar todos os cursos do nivel correspondente.
  • Unha vez completado o itinerario formativo correspondente, obterase de oficio o Certificado galego en competencias dixitais (ComDix).

     

PARTICIPACIÓN
  • Para participar é preciso solicitar praza en cada curso nas convocatorias dispoñibles.
  • Inscrición a través da plataforma da EGAP.
 
ACOMPAÑAMENTO
  • Titor/a especializado/a e resolución de dúbidas.
  • Retroalimentación continua.
  • Foro de soporte dentro da plataforma.

     

AVALIACIÓN

Para superar o curso será obrigatorio:

  • Completar as actividades obrigatorias de avaliación continua.
  • Acadar os mínimos requiridos na avaliación final.
Home maior frente a un portatil

Como é a experiencia de aprendizaxe?

Aprendes ao teu ritmo, sen horarios, con acceso desde calquera lugar. Contas co apoio continuo dun titor ou titora, seguimento personalizado e sesións grupais que enriquecen a aprendizaxe.

Icona
picture38.s

A quen vai dirixida?

Dirixida ao persoal da Administración pública galega que quera mellorar as súas competencias dixitais, obter unha certificación oficial ou aprender cun modelo guiado, con acompañamento e apoio continuo durante todo o proceso.

Icona
ciudadania-svg_v2

Como inscribirse?

  • Consulta as convocatorias activas
  • Realiza a inscrición en liña
  • Agarda a asignación de prazas (pode haber sorteo)

Lembra: As convocatorias publícanse na páxina da EGAP e no DOG.

 

Icona
cursoscomdix_aprovechamiento

Que obteño?

Ao superar a formación, obtés un diploma de aproveitamento, xunto coa acreditación das horas realizadas e das competencias adquiridas ao longo do itinerario formativo.

Icona
prueba-certificacion_ComDix

Da o seguinte paso na túa formación

Consulta as convocatorias abertas e inscríbete na próxima edición dispoñible desde a plataforma oficial.

 

Acceso á formación na EGAP