Cando chegue o momento, como podo saber se me convén solicitar o nivel de iniciación ou o nivel intermedio? Cal sería a diferenza entre ambos niveis?

Para decidir se optas por un nivel ou outro, debes ter en conta tanto os teus coñecementos previos como as túas necesidades no ámbito dixital.

Se o teu nivel de coñecemento é básico e/ou utilizas tecnoloxías dixitais para realizar tarefas rutineiras, que podes lembrar, pero necesitarías orientación para outras máis específicas, debes escoller ComDix iniciación.

Se o teu nivel de coñecemento che permite explicar a outras persoas como realizar tarefas sinxelas e deseñar estratexias de uso adaptadas e/ou utilizas habitualmente tecnoloxías dixitais -no teu ámbito persoal e profesional-, debes escoller ComDix intermedio.

A chave está na frecuencia de uso, a autonomía e a capacidade para adaptar as ferramentas a distintas situacións. 

Recomendación: Se tes dúbidas sobre que nivel escoller, podes consultar os contidos de autoformación dispoñibles na web da Rede CeMIT ou realizar a demo da proba para avaliar o teu nivel de aptitude.

Categoría
Convocatorias de exame