Formación titorizada

Formación titorizada

Fórmate en liña en competencias dixitais, co acompañamento dunha persoa titora que te axudará na resolución de dúbidas e o afianzamento dos coñecementos.

cabeceira

Itinerario formativo dispoñible na plataforma de teleformación da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)* composto de varios módulos co actividades prácticas e cuestionarios finais. 

* É necesario estar dado de alta como usuario CEMIT

Icona
formacion

Titorización: Dinamización e resolución de dúbidas pola persoa titora durante a realización do curso na plataforma.

Icona
usuario

Duración aproximada: 5 meses (250h).

Icona
calendario

Coñece o plan formativo ComDix iniciación (*):

(*) Ata o momento, só está dispoñible o nivel iniciación de certificación ComDix

INICIO

Empezamos! Que nivel de competencias dixitais teño? Introdución ao Marco galego de Competencias dixitais

Icona
paso 0

CURSO 1

Coñece a contorna dixital

Icona
paso 1

CURSO 2

Ten a información dixital sempre a man: buscar, seleccionar e gardar

Icona
paso 2

CURSO 3

Tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar

Icona
paso 3

CURSO 4

Participa na sociedade dixital: as vantaxes da administración electrónica

Icona
paso 4

CURSO 5

Crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia

Icona
paso 5

CURSO 6

Atopa o benestar social: Tecnoloxía con "sentidiño"

Icona
paso 6

Estes seis cursos (máis o  curso inicial en autoformación) completan o itinerario formativo “ComDix Iniciación” . Non é preciso seguir un orde concreto á hora de facer os sucesivos cursos, aínda que si é recomendable empezar facendo o curso en autoformación "Empezamos! Que nivel de competencias dixitais teño? Introdución ao Marco galego de Competencias dixitais".

Icona
aclaración

Pasos a seguir para a formación ComDix

1/ Apuntarse no curso formativo

A través da convocatoria correspondente publicada no DOG.

Icona
teléfono

2/ Seleccionar a sede para a proba de certificación

Preinscribirse seleccionando o lugar e hora da convocatoria de interese.

Icona
referencia

3/ Sorteo entre as persoas prerrexistradas

De entre todas as persoas candidatas, realizarase un sorteo tendo en conta o número total de prazas dispoñibles na convocatoria en cuestión.

Icona
pezas

4/ Finalizado o prazo de preinscrición

As persoas inscritas recibirán un correo informativo se foron aceptadas.

Se non foron aceptadas, pasarán a formar parte dunha lista de espera (renuncias ou persoas admitidas que non fagan efectivo en prazo e forma o pago correspondente).

Icona
aproveitamento

5/ Realización do curso e superación da proba

Tras a superación do curso formativo, realizarase a proba final na que será apta aquela persoa que supere o 70% das preguntas totais, e ademais supere o 60% das preguntas referentes a cada unha das 5 áreas.

Icona
autoformacion