Autoformación

Autoformación

Fórmate en liña dende onde queiras e ao teu ritmo para obter a certificación ComDix en competencias dixitais.

cidadanía

Itinerario formativo dispoñible na plataforma de teleformación da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)* composto de varios módulos con actividades prácticas e cuestionarios finais. 

*É necesario estar dado de alta como usuario CEMIT.

Icona
formacion

Tras a finalización do plan completo (superación das actividades e cuestionarios intermedios) podes optar as probas de certificación para obter o ComDix (Consulta máis abaixo as convocatorias dispoñibles).

Icona
pizarra

Curso permanentemente aberto con automatriculación.
 

Icona
calendario

Coñece o plan formativo ComDix iniciación (*):

(*) Ata o momento, só está dispoñible o nivel iniciación de certificación ComDix

INICIO

Empezamos! Que nivel de competencias dixitais teño? Introdución ao Marco galego de Competencias dixitais

Icona
paso 0

CURSO 1

Coñece a contorna dixital

Icona
paso 1

CURSO 2

Ten a información dixital sempre a man: buscar, seleccionar e gardar

Icona
paso 2

CURSO 3

Tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar

Icona
paso 3

CURSO 4

Participa na sociedade dixital: as vantaxes da administración electrónica

Icona
paso 4

CURSO 5

Crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia

Icona
paso 5

CURSO 6

Atopa o benestar social: Tecnoloxía con "sentidiño"

Icona
paso 6

Estes seis cursos (máis o  curso inicial en autoformación) completan o itinerario formativo “ComDix Iniciación” . Non é preciso seguir un orde concreto á hora de facer os sucesivos cursos, aínda que si é recomendable empezar facendo o curso en autoformación "Empezamos! Que nivel de competencias dixitais teño? Introdución ao Marco galego de Competencias dixitais".

Icona
aclaración

Pasos a seguir para a formación ComDix

Accede á plataforma de teleformación

Lembra! É necesario estar dado de alta como usuario CEMIT.

Plataforma de teleformación

Icona
1

Selecciona o curso desexado

Selecciona o curso ComDix correspondente.

Icona
2

Supera o plan formativo

Realizando e superando as actividades prácticas e cuestionarios do curso.

Icona
3

Obtén o diploma de aproveitamento

Superado o curso, emitirase un diploma de aproveitamento acreditativo da realización do mesmo.

Icona
4

Obtén o certificado ComDix!

Se tras esta formación queres obter a certificación ComDIX, podes facelo revisando as convocatorias abertas neste momento.

Acceso a convocatorias