ESTRUTURA DO MARCO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS


O Marco galego de competencias dixitais define os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para o desenvolvemento dunha sociedade usuaria dos servizos dixitais en todos os eidos da cidadanía e pasa a ser a referencia descritiva sobre a cal se sustenta a súa certificación e acreditación.

Ver resumo

ESTRUTURA DO MARCO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

05

ÁREAS COMPETENCIAIS

  • Información e datos
  • Comunicación e colaboración
  • Creación de contido dixital
  • Seguridade e privacidade
  • Contorna dixital e solución dos problemas
21

COMPETENCIAS

Cos seus descritores de coñecementos, habilidades, e actitudes

04

NIVEIS DE APTITUDE

  • Iniciación
  • Intermedio
  • Avanzado
  • Especializado
Ademais con exemplos de uso e aplicabilidade por cada competencia e por cada perfil

PERFÍS

  • Perfil xeral de cidadanía: define os coñecementos, habilidades e aptidudes en competencias dixitais que toda persoa debe lograr para participar na sociedade dixital de forma segura e crítica usando as tecnoloxías dixitais e considerando os ámbitos de uso da vida cotiá: comunicarse, informarse, colaborar, interactuar, relacións persoais e de amizade etc.
  • Perfil de administración pública: dirixido ao persoal ao servizo da Administración pública, no que ademais de considerar o desenvolvemento das súas competencias dixitais no ámbito da vida cotiá, detállanse aquelas competencias necesarias para o desempeño do seu traballo na administración pública.

ÁREAS E COMPETENCIAS DO MARCO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

Para defininir e avaliar o uso da tecnoloxía dixital, o marco galego establece cinco grandes áreas de dominio, que se desglosan en 21 competencias:

Información e datos

Navegar, buscar, filtrar, avaliar e xestionar os datos, a información ou o contido dixital.


  • Navegar, buscar, localizar e filtrar información, datos e contidos dixitais.
  • Avaliar e verificar a información, os datos e o contido dixital.
  • Manexar a información, os datos e os contidos dixitais.

Comunicación e colaboración

Interactuar, compartir, participar e colaborar a través das tecnoloxías dixitais. Coñecer as regras de comportamento na rede e xestionar a identidade dixital.


  • Interactuar a través de tecnoloxías dixitais.
  • Compartir a través de tecnoloxías dixitais.
  • Participar na sociedade a través das tecnoloxías dixitais.
  • Colaborar por medio das tecnoloxías dixitais.
  • Comportarse na rede: Netiqueta.
  • Xestionar a identidade dixital.

Creación de contido dixital

Facer, refacer ou compoñer contidos dixitais. Entender como se aplican os dereitos de autor e as licenzas de uso. Inclúe a programación como xeito de expresarmos nunha contorna dixital.


  • Crear contido dixital.
  • Refacer e compoñer contidos dixitais.
  • Atender aos dereitos de autor e licenzas.
  • Programar.

Seguridade e privacidade

Protexer os dispositivos e os datos persoais, resgardar o privado e preservar a saúde, o benestar e o medio ambiente.


  • Protexer os dispositivos.
  • Protexer os datos persoais e a privacidade.
  • Protexer a saúde e o benestar.
  • Protexer o medio ambiente.

Contorna dixital e solución de problemas

Coñecer a contorna, configurar os dispositivos tecnolóxicos e resolver problemas técnicos, identificar as necesidades de resposta tecnolóxica, usar as tecnoloxías de forma innovadora e creativa e identificar fallas nos coñecementos dixitais.


  • Comprender a contorna dixital e resolver problemas técnicos.
  • Identificar necesidades e respostas tecnolóxicas.
  • Usar as tecnoloxías de xeito creativo.
  • Identificar fallas nos coñecementos dixitais propios.